Dunha banda o Concello de Redondela constitúe unha comisión de urbanismo, aprobada en pleno do 23 de novembro do 2014 formada por unha persoa concelleira de cada unha das corporacións políticas e a secretaria, co fin de facer o seguimento no Pleno municipal dos temas relacionados co PXOM.

Doutra confórmase unha comisión de seguimento do PXOM integrada por representantes dos distintos grupos políticos, o arquitecto municipal e a técnica administración xeral adscrita a urbanismo. 
Esta ultima comisión de seguimento, ten por obxecto facer seguimento dos avances do PXOM e para tal efecto se teñen convocado as seguintes reunións: