O primeiro contacto coa cidadanía foi por medio dunha presentación didáctica realizada no multiusos da Xunqueira no Concello de Redondela, o 1 de setembro de 2015, na que se explicou a metodoloxía do proceso de participación e as liñas de traballo e calendario do PXOM.

A Continuación realizáronse dúas presentacións onde se expuxeron os resultados dos traballos realizados no Documento de Inicio os días 5 e 6 de outubro do 2015.

Unha vez realizada esta exposición de resultados, abriuse a petición da Comisión do Seguimento do PXOM, un período de dun mes no que se abriu un espazo no que a veciñanza puido facer achegas e suxestións ao documento, ata o día 3 de novembro do 2015.

O documento de Inicio modificado coas suxestións veciñais, foi o que finalmente se remitiu para a tramitación ambiental.

O borrador do Plan foi presentado o 9 de xullo do 2018 á toda a cidadanía que se achegou ao auditorio da Xunqueira.