Nos meses de xuño e xullo de 2017 realizáronse 10 obradoiros de participación pública, nos que se pretendeu recoller información das veciñas e veciños de diferentes lugares e sectores de Redondela. Ademais de traballar de xeito territorial, tamén se fixo unha parada para pensar en clave de xénero e de sustentabilidade.

A continuación pódense consultar e descargar as actas coa información que se recolleu en cada un dos obradoiros:

  • Actas dos Obradoiros de Futuro sobre  Redondela
  • Actas dos Obradoiros de Futuro sobre Chapela 
  • Actas dos Obradoiros de Futuro sobre Cesantes 

A selección das persoas participantes nos obradoiros e comisións realizouse a partir da información existente no Departamento de Participación Cidadá, relativa ao rexistro público de asociacións e nos órganos de participación territorial e sectorial creados polo Concello de Redondela no cumprimento das ordenanzas respectivas. Queremos agradecer a participación e esforzo de cada unha delas!