Outubro 2018

A Consellería de Medio Ambiente, publicou o Documento de Alcance para a Avaliación Ambiental Estratéxica Ordinaria do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Redondela.

Xullo 2018: Presentación pública do Borrador do Plan

O día 9 de Xullo (luns) ás 20:00 terá lugar a presentación pública do Borrador do Plan. A presentación realizarase no Multiusos da Xunqueira (Redondela) e nela explicarase o Borrador, como facer suxerencias e abrirase un periodo de consultas presenciais que se terán lugar unha vez á semana.

 

 

 

 

Xuño de 2018: Inicio do periodo de consulta Documento Borrador

A día 13/06/2018 a Xunta de Galicia no seu espazo Avaliación Ambiental Estratéxica-Plans con periodo de consulta aberta ten subido a documentación pertencente ao Borrador do Plan, que entra en fase de consulta ata o 13/08/2018.

A continuación pódese consultar a documentación que está pendurada na páxina web da Xunta. Nun dos documentos pódese consultar un titorial que describe como realizar as achegas ao Borrador:

Febreiro de 2018

 DSC0498 previewPresentación do Borrador do Plan e o Documento Inicial Estratéxico no Concello para a súa revisión e envío á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente). No prazo dun mes, unha vez feita a revisión de Avaliación Ambiental, farase pública a documentación entregada.

Estes documentos fan referencia á estructura xeral e orgánica do territorio, xa que como o seu nome di, estamos ante un borrador do Plan.