Un PXOM, siglas de Plan Xeral de Ordenación Municipal, é o instrumento de ordenación urbanística do territorio empregado para definir as liñas básicas de desenvolvemento dun concello de cara ao seu futuro.

O PXOM é a ferramenta que dispón e relaciona os diferentes sistemas que configuran o territorio do municipio; define o modelo de implantación urbana; define a estrutura xeral para a ordenación urbanística do territorio; clasifica e fai unha ordenación detallada dos solos.

No caso do Concello de Redondela, estase a traballar sobre un documento no que se debuxa o modelo de territorio desexado, analizando o existente en termos de poboación, infraestruturas e mobilidade, espazos públicos, equipamentos e servizos, usos do solo, actividade económica, etc.

Tendo presente en todo momento e priorizando de modo especial, valores tan necesarios coma o equilibrio, a sostenibilidade e a harmonía co entorno.