O deseño dun proceso participativo destas características xurde a partir da constatación das seguintes cuestións básicas:

   1. Dada a complexidade de elaboración dun documento técnico destas características, é absolutamente necesario dar a coñecer, informar e explicar o proceso ao conxunto dos veciños e veciñas de Redondela. Cuestións como en que consiste un PXOM, para que se emprega e cales son as súas funcións, serán transmitidas dunha forma clara e sinxela.
   2. Dada a relevancia deste documento para o desenvolvemento futuro do concello, é preciso facer partícipe ao conxunto da veciñanza de Redondela na súa elaboración, traballando por escoitar e recoller todas as voces.

Así, ao longo de todo o proceso de redacción do PXOM farase un especial fincapé na participación activa da veciñanza, poñendo en marcha unha serie de ferramentas, en coherencia coas diferentes fases de tramitación do documento, que permitirán e garantirán o acceso á información, a comunicación bidireccional e a implicación nos traballos de redacción. A este conxunto de ferramentas chamámoslle ideaRedondela. 

Esta mesma páxina web está deseñada coa intención de ser unha plataforma aberta e accesible para o intercambio de información entre o equipo técnico, o Concello e a veciñanza.