A redacción dun PXOM conta con 4 grandes fases de tramitación diferenciadas. 
 
A primeira delas, é na que se realiza unha diagnose do conxunto municipal e trabállase na definición das liñas estratéxicas e o modelo de desenvolvemento.
 
Os produtos desta fase son o Borrador de Plan e o Documento Inicial Estratéxico, así mesmo para a mellor comprensión da documentación, incluíuse un Atlas de Información Urbanística e a clasificación do solo. 
 
Unha vez recibido o Documento de Alcance (o que pode entenderse como a folla de ruta de elaboración do PXOM), comezan os traballos de redacción da segunda fase; o documento completo do Plan para a súa Aprobación Inicial. Este documento constará do documentación completa para a súa aprobación en pleno municipal.
 
Será publicado e exposto durante dous meses no período de exposición pública, para a súa consulta pola cidadanía interesada, así como solicitados os informes aos diferentes organismos e compañías.
 
Unha vez rematado o período de exposición pública realizarase o informe correspondente aos informes e alegacións recibidas, así como os cambios que deles deriven na documentación do PXOM e o estudo ambiental estratéxico.
 
A documentación completa presentarase para a súa aprobación provisional, no Concello.
 
De cara á súa aprobación definitiva, remitirase o expediente completo ao órgano competente en materia de urbanismo, de cara á súa aprobación definitiva si é o caso.

1. Borrador de Plan e Documento Inicial Estratéxico

A día 13/06/2018 a Xunta de Galicia no seu espazo Avaliación Ambiental Estratéxica-Plans con periodo de consulta aberta ten subido a documentación pertencente ao Borrador do Plan, que entra en fase de consulta ata o 13/08/2018.

A continuación pódese consultar a documentación que está pendurada na páxina web da Xunta. Nun dos documentos pódese consultar un titorial que describe como realizar as achegas ao Borrador: